top of page

A Xunta licita o futuro edificio de servizos integrados de Lalín por 3,5 millóns de euros ata 2025

Albergará diferentes servizos da Xunta de Galicia que permitirán prestar atención á cidadanía dunha forma máis eficiente


Laura Moure/Lalín

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado do alcalde de Lalín, Xosé Crespo, anunciou que onte, xoves, arrancoua licitación do futuro Edificio de servizos integrados no medio rural desta localidade, que suporá un investimento de 3,7 millóns de euros ata 2025.


Neste edificio, sinalou José González, integraranse diferentes servizos da Xunta de Galicia que permitirán prestar atención á cidadanía dunha forma máis eficiente e, ao mesmo tempo, mellorará as condicións de traballo, posibilitando gañar na eficiencia da utilización dos recursos públicos.

Así, na planta baixa haberá servizos administrativos como a Oficina Rural (antiga Oficina Agraria Comarcal), unha sala de reunións e videoconferencias, aseos e cuartos auxiliares.


Na primeira planta estarán situados os servizos agrarios e veterinarios da Oficina Rural, así como da área comarcal de Lalín (Lalín-Silleda-Vila de Cruces-A Estrada), unha sala de reunións e o arquivo.


A oficina de infraestruturas agrarias, xunto cos servizos forestais da Dirección Xeral de

Planificación e Ordenación Forestal e da Dirección Xeral de Defensa do Monte estarán

ubicadas na segunda planta. Tamén se atopará alí a sala de control do Distrito forestal XVI Deza-Tabeirós e unha sala de reunións. A maiores, o edificio poderá albergar outras

unidades distintas das da Consellería do Medio Rural.

Neste senso, o conselleiro indicou que esta actuación -a cargo de 2C Arquitectos, cos

redactores do proxecto Ángel Cid e Silvia Diz- está enmarcada no Plan de mellora das

infraestruturas agrarias e forestais, cuxo investimento acada máis de 16 millóns de euros entre os anos 2022 e 2023 para rehabilitar as instalacións das actuais oficinas agrarias comarcais e das asociadas ao dispositivo de prevención e defensa contra os incendios forestais de toda Galicia.


Outros investimentos no concello

Doutra banda, o conselleiro puxo en valor os case 8,8 millóns de euros do seu

departamento en diferentes actuacións no municipio de Lalín para mellorar as súas

infraestruturas e os servizos que se prestan á cidadanía. Así, aos 3,7 millóns de euros que

se investirán no novo edificio de servizos integrados hai que sumarlle 3,8 millóns de euros

para crear unha nova base de helicópteros para a loita contra os incendios forestais en

Lalín. Nesta partida tamén se inclúen as melloras a realizar na base de San Xoán de Río, na provincia de Ourense. Así mesmo, haberá en Lalín unha nova Base de Unidade Operativa (os denominados BUO) en madeira estrutural, que acollerá os efectivos

contraincendios, incluídas as brigadas helitransportadas.

Así mesmo, tamén se está traballando na reforma dunha nave no polígono industrial de

Botos, que se destinará a crear un taller mecanizado para vehículos (todoterreos e

motobombas) da Dirección Xeral de Defensa do Monte, a nivel galego. Tamén inclúe a

construción dun almacén loxístico para material deste mesmo departamento. Todo iso, cun

investimento doutros 1,3 millóns de euros, que permitirán ademais habilitar un punto de

encontro para as brigadas do distrito forestal XVI Deza-Tabeirós.

1 comentario
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page