top of page

A Xunta leva a cabo diversas melloras no albergue de Arzúa por preto de 40.000 euros

Estas están relacionadas co mobiliario, accesibilidade e sinalización deste inmoble


Laura Moure/Arzúa

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitaron este xoves o albergue de Arzúa onde se levaron a cabo diversas actuacións melloras ao abeiro do Plan de melloras da Rede Pública de Albergues, que neste caso supuxeron un investimento de 39.772 euros.

Nava Castro indicou que a través de este tipo de axudas o Goberno galego reiterase a súa firme aposta polo Camiño de Santiago, polo rural e, por suposto, polo turismo de calidade.

Dentro do Plan de Melloras da Rede Pública de Albergues para o 2022, dotado con 2,1M€, realizáronse obras nun total de 67 albergues en sete itinerarios dos dez itinerarios oficiais do Camiño de Santiago, dos cales 5 están no Camiño de Fisterra-Muxía, 20 no Camiño Francés, 6 no Camiño Inglés, 8 no Camiño Norte, 10 no Camiño Portugués, 6 no Camiño Primitivo e 12 no Camiño Mozárabe- Vía da Prata.

O maior investimento tivo lugar no Camiño Francés, co maior número de actuacións que se centran en 3 eixes: obras de mellora da confortabilidade, salubridade, accesibilidade e reparacións varias (pintura, aillamento, paneis divisorios); melloras da decoración interior e reposición de elementos danados; e Homoxeneizar a sinalización interior e exterior.

Actualmente son 22 os albergues do Camiño do Francés pertencentes á rede Pública de Albergues de Peregrinos cun total de 1.513 prazas e dous deles están situados no concello de Arzúa. O albergue de Arzúa pertenece á Rede de Albergues Públicos de Galicia e foi posto en marcha en 1999.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page