top of page

A Xunta inviste 44.600 euros na mellora da seguridade viaria e da iluminación do polígono de Monterroso

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, destacou que a modernización das infraestruturas contribúe á fixación de empresas e á creación de emprego


Laura Moure/Monterroso

A Xunta de Galicia investiu 44.600 euros na mellora da seguridade viaria e da iluminación do parque empresarial de Monterroso. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, comprobou onte o resultado dos traballos xunto ao alcalde, Eloy Pérez, e destacou que a modernización das infraestruturas contribúe á implantación e fixación de empresas e á creación de emprego.

A actuación máis recente consistiu no repintado da sinalización horizontal en 10 vías do polígono, que suman algo máis de 1,2 quilómetros de lonxitude. Con anterioridade, procedeuse á substitución das 47 luminarias do parque empresarial por outras con tecnoloxía LED, máis potentes e con maior rendemento. O proxecto contemplou tamén a instalación dun novo punto de luz sobre o edificio dotacional do polígono, co fin de mellorar o alumeado da zona de aparcamento.


O parque empresarial de Monterroso conta cunha superficie de 155.000 metros cadrados e 21 empresas con actividade instaladas. Arias incidiu na importancia de ofrecer solo industrial competitivo como elemento dinamizador da economía local.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Neste sentido, o delegado territorial lembrou que a Consellería de Economía e Industria duplicou este ano o orzamento inicialmente destinado a este programa de axudas, ata alcanzar os 5,6 millóns de euros, para responder ao elevado número de solicitudes rexistradas.


Os apoios permiten ofrecer máis e mellores servizos ás empresas, e están dirixidos a incrementar o aforro  enerxético cunha iluminación máis eficiente, xestión de residuos e depuración da auga, accesos e estradas interiores, e servizos centralizados de subministración de gas ou hidróxeno.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page