A Xunta investirá en melloras na escola infantil de Palas de Rei
- Laura Moure

- hace 6 horas
- 2 Min. de lectura
Laura Moure/Palas de Rei
O Consello da Xunta deu luz verde este martes á sinatura de convenios de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e Concellos para financiar obras de mellora en escolas infantís públicas, nalgúns casos dependentes da Administración autonómica e noutros das locais. En total, o Goberno galego destinará, entre este ano e o que vén, preto de 980.000 euros procedentes do Fondo de Cohesión e Transformación Social (FCT) a estes acordos cos que se acometerán intervencións en 14 centros de 0 a 3 anos emprazados noutros tantos municipios.

En concreto, estes concellos son: A Laracha, Boqueixón, Cabana de Bergantiños, Carral, Fisterra, Oroso, Ortigueira, Ponteceso, Porto do Son e Vedra, na provincia da Coruña. A localidade lucense de Palas de Rei e a ourensá de Boborás; e os concellos de Mos e A Guarda, na provincia de Pontevedra.
Publicidade
Nestas instalacións acometeranse actuacións de reforma, de ampliación, de renovación de cubertas e fachadas ou de equipamento, en función das necesidades. Serán os entes locais os encargados de contratar e executar os traballos, que deberán estar rematados en decembro do vindeiro ano.
Compromiso coa infancia e coas familias
A Xunta enmarca estes novos investimentos para a mellora de escolas infantís no compromiso que mantén coa atención á infancia e o apoio á conciliación das familias, a través de medidas como a gratuidade. Este é o cuarto curso consecutivo no que as familias galegas non teñen que pagar nada pola atención educativa dos seus fillos ou fillas, vaian a unha escola 0-3 da Xunta, dependente dun concello, de iniciativa social ou privada. Grazas á gratuidade, Galicia lidera a taxa de escolarización no primeiro ciclo de Infantil cun 65 %, 15 puntos por riba da media nacional.
Publicidade
Das comarcas levaranse a cabo actuacións na de Palas de Rei baixo o proxecto 'Adecuación e ampliación EI municipal' e cun importe total de 47.486,98 euros.








Comentarios