top of page
Foto del escritorLaura Moure

A Xunta investirá máis de 9,2 millóns de euros nas obras dos centros escolares de Deza-Tabeirós

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, informou das

actuacións educativas en marcha na comarca nunha visita ao CEIP Plurilingüe de

Rodeiro


Laura Moure/Deza

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, está a investir preto de 9.2 millóns de euros nos centros educativos da comarca de Deza-Tabeirós, en obras que se atopan en distintas fases de execución. Neste sentido, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou este venres o CPI Plurilingüe de Rodeiro, onde se levaron a cabo unhas obras de substitución da

carpintería exterior e cambio de fiestras que aumentan a comodidade do alumnado e

melloran a eficiencia enerxética do centro. Estes traballos contaron cun orzamento de máis

de 500.000 euros.


Reguera aproveitou a visita para sinalar o “esforzo da Xunta para mellorar o estado dos

centros que o precisen e cumprir co plan de nova arquitectura que, ademais de mellorar a

experiencia do alumnado, permitirá aforrar custos aos centros”.


Publicidade

Cabe destacar que o Goberno galego actuou tamén noutros centros escolares da comarca. Un exemplo son as obras levadas a cabo no CEIP Pío Cabanillas Gallas de

Dozón, onde se investiron máis de 350.000 euros. Na Estrada, as actuacións inclúen

algunhas de grande envergadura como ampliación do IES Plurilingüe Antón Losada

Diéguez e a rehabilitación integral do CEIP de Figueroa. En total invístense case 4.2

millóns de euros neste Concello.


Tamén se plantexaron obras de gran importe en Lalín, onde destaca a central de biomasa

que dá servizo a varios edificios educativos con un custo de máis de un millón de euros e

en Silleda onde as inversións no IES Plurilingüe Pintor Colmeiro, no CEIP Ramón de

Valenzuela e no CEIP Plurilingüe de Silleda superan os 800.000 euros. En Forcarei, os

traballos no IES Chano Piñeiro, no CEIP Nosa Señora das Dores e no CEIP de Soutelo de

Montes tamén superan os 800.000 euros.


Publicidade

PLAN DE NOVA ARQUITECTURA

Plan de Nova Arquitectura pedagóxica constitúe a folla de ruta coa que a Xunta está a

modernizar as instalacións educativas facendo fincapé en cuestións como a mellora da

eficiencia enerxética ou accesibilidade, entre outros aspectos. No seu marco, este verán a

Xunta impulsou 444 obras de mellora en 305 centros educativos de Galicia, o que supón

87 actuacións máis que o pasado 2022. O orzamento é de 76,5M€, un 19% máis.

0 comentarios

Hozzászólások


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page