top of page

A Xunta investirá máis de 786.000 € na mellora de sete parques empresariais, entre eles o de Melide


Laura Moure/Melide

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e o alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández, visitaron esta mañá o polígono de Camporrapado no que se investirán 150.000 euros, cun apoio da Xunta de 120.000 euros, para levar a cabo a mellora dos seus viarios perimetrais. O representante do Goberno galego lembrou que o ano pasado no polígono de Sergude tamén se levou a cabo un investimento de máis de 60.000 euros cun apoio da Xunta de máis de 48.000 euros para levar a cabo a mellora na xestión dos seus residuos.

Durante a visita o representante do Goberno galego informou que a Xunta apoiará, este ano, a sete polígonos industriais da comarca de Santiago cun investimento de máis de 786.000 euros, para a mellora das súas infraestruturas o que favorecerá un investimento total de máis de 983.000 euros. Trenor destacou que a través deste apoios se realizarán melloras nos polígonos industriais de Melide, Negreira, Ordes, Oroso, Santa Comba, Val do Dubra e Boqueixón.

Con esta liña de apoios, a Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación pretende solventar determinadas carencias de infraestruturas, así como novas necesidades en materia de comunicacións ou de servizos que presenta o solo empresarial galego co obxectivo de acondicionar e modernizar os parques. As axudas son dun máximo de 120.000 euros por proxecto e poden recibir anticipos do 25% da axuda concedida.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page