top of page

A Xunta inicia a construción da pasarela na AC-934 sobre a presa da lagoa de Sobrado dos Monxes

A actuación conta cunha inversión de máis de 310.000 euros


Laura Moure/Sobrado dos Monxes

A Xunta acaba de comezar a execución dunha pasarela na estrada AC-934, sobre a presa da lagoa de Sobrado dos Monxes, no Camiño do Norte, cun investimento de máis de 310.000 euros. O obxectivo é construír unha pasarela nun tramo de 155 metros co fin de resolver a mobilidade a pé nese punto, xa que os peóns non dispoñen de espazo acomodado para desprazarse con seguridade, tendo que empregar a propia vía, que non dispón de beiravías.


Executarase unha pasarela con estrutura prefabricada, ancorada á estrada a través dos ocos que hai entre os peitoriis/peitorís de pedra da vía. O Executivo autonómico prevé ter finalizados estes traballos entre finais deste mes de maio e comezos do próximo mes de xuño.

Esta actuación foi acordada coa Dirección Xeral de Conservación dá Natureza e coa SociedadeGalega de Historia Natural, ao estar na zona da lagoa. Así, a pasarela executarase polo lado oposto á lagoa. Ademais deste proxecto, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade acometeu nos últimos anos diversas intervencións nas estradas autonómicas ao paso por Sobrado para reforzar a seguridade viaria nos treitos coincidentes co Camiño do Norte.



0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page