top of page

A Xunta financiará a ampliación da escola infantil municipal de Palas de Rei

Investiranse 47.500 euros en dotar dunha unidade máis o centro, que incrementará a súa capacidade ata as 39 prazas de 0 a 3 anos


Laura Moure/Palas de Rei

ree

A Xunta de Galicia asinou un convenio de colaboración co Concello de Palas de Rei por un montante de 47.500 euros para financiar as obras de ampliación da escola infantil municipal. O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, visitou este martes o equipamento acompañado do alcalde do concello, Pablo José Taboada.


A actuación consistirá en habilitar no centro unha unidade máis, pasando así das dúas actuais a tres e aumentando o seu número de prazas ata as 39. Os traballos terán que estar rematados ao longo do vindeiro ano e tanto da súa adxudicación como do seu seguimento encargarase o ente local, como titular do inmoble.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

O xerente do Consorcio enmarcou esta intervención no compromiso da Xunta coa atención á infancia e o apoio á conciliación das familias, a través de investimentos de mellora nos centros de 0 a 3 anos ou tamén con medidas como a gratuidade. Ao respecto, Perfecto Rodríguez destacou que este é o cuarto curso consecutivo no que as familias galegas non teñen que pagar nada pola atención educativa dos seus fillos ou fillas, vaian a unha escola 0-3 da Xunta, dependente dun concello, de iniciativa social ou privada. Grazas á gratuidade, Galicia lidera a taxa de escolarización no primeiro ciclo de Infantil cun 65%, 15 puntos por riba da media nacional.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Melloras en escolas das redes autonómica e local

A ampliación deste centro forma parte dun novo programa de intervencións en escolas infantís públicas de 0 a 3 anos toda Galicia, de titularidade municipal e autonómica. A Xunta destinará a estas actuacións, preto de 980.000 euros procedentes do Fondo de Cohesión e Transformación Social (FCT).


Con estes fondos acometeranse actuacións de reforma, de ampliación, de renovación de cubertas e fachadas ou de equipamento, en función das necesidades que teñan os centros.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page