Os técnicos do Programa de Control de Vertidos de Augas de Galicia detectaron o foco no transcurso dos labores rutineiros de inspección levados a cabo nese municipio
Laura Moure/Melide
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, eliminou un punto de vertido de augas residuais domésticas ao dominio público na parroquia de Abeancos, no concello de Melide.
![](https://static.wixstatic.com/media/11062b_bed3fda6b4d4483f91f279c2e17fb3b9~mv2.jpeg/v1/fill/w_147,h_106,al_c,q_80,usm_0.66_1.00_0.01,blur_2,enc_auto/11062b_bed3fda6b4d4483f91f279c2e17fb3b9~mv2.jpeg)
Os técnicos do Programa de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, detectaron o foco no transcurso dos labores rutineiros de inspección levados a cabo nese municipio, no lugar de Goxán Pequeno.
A orixe da achega contaminante localizouse nas baixantes de augas pluviais dunha vivenda unifamiliar, que vertía directamente ao dominio público.
Os técnicos de Augas de Galicia comunicáronlle ao propietario a necesidade de adoptar medidas correctoras.
Nunha nova inspección xirada á zona, os técnicos de Augas de Galicia verificaron a emenda do vertido, tras executarse a conexión das augas residuais xeradas na vivenda coa fosa séptica existente na mesma.