top of page

A Xunta destina máis de 6M € a 17 obras en centros educativos da comarca de Deza-Tabeirós este 2022

As actuacións enmárcanse no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, que centra o 40% do seu orzamento en intervencións para a mellora da eficiencia enerxética


Laura Moure/Deza

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, anunciou este mércores que a Xunta de Galicia destina este ano 2022 máis de 6 millóns de euros a unha quincena de obras en centros educativos da comarca de Deza-Tabeirós. Fíxoo no marco dunha visita aos traballos que a Xunta de Galicia acaba de acometer para mellorar a carpintería exterior e parte das luminarias do colexio CEIP Cabada Vázquez da Estrada.

Durante a visita ao centro, o responsable autonómico de Educación salientou que o obxectivo destas intervencións é continuar “a renovación dos edificios do sistema educativo galego ao abeiro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica para seguir adaptándoos ás necesidades do século XXI”.

Neste senso, Román Rodríguez explicou que unha das prioridades do plan é mellorar a eficiencia enerxética dos colexios e institutos. “De feito, do total de 191 M€ deste plan, o 40% está destinado a actuacións de sustentabilidade e eficiencia enerxética”, afirmou antes de precisar que se trata dunha achega de 77,5 M€. Así mesmo, lembrou que a Xunta leva investidos máis de 112M€ desde 2017 en obras de eficiencia enerxética nos centros educativos, o que supón un aforro enerxético medio do 45%, tanto en kwh/m2 como en emisións de CO2.

No caso da comarca de Deza estase actuando no IES Ramón María Aller de Lalín e IES Plurilingüe Pintor Colmeiro de Silleda e nos colexios CEIP Xesús Golmar e CEIP Xoaquín Loriga de Lalín. Ademais, está previsto licitar novas intervencións nos vindeiros meses no colexio de Dozón e no colexio CEIP Ramón de Valenzuela de Silleda.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page