top of page

A Xunta destina 61.600 euros á mellora de dous viais municipais en Monterroso

O delegado territorial de Lugo explica que as actuacións abranguerán 1,4 quilómetros correspondentes aos camiños de Curuxas a Viloíde; e de Traslama a Curuxas


Laura Moure/Monterroso

A Xunta inviste 61.650 euros no acondicionamento de dúas vías municipais en Monterroso a través da nova convocatoria de axudas do Plan Camiña Rural. Con cargo á última edición deste programa acondicionaranse 1,4 quilómetros de camiños en Monterroso, que permitirán mellorar as comunicacións de Curuxas a Viloíde; e de Traslama a Curuxas.

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, acompañado do alcalde, Eloy Pérez, visitou Viloíde para comprobar a marcha das obras que están actualmente en execución nesta zona.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

A intervención inclúe a limpeza de foxos, a drenaxe transversal da plataforma e a renovación do pavimento mediante o estendido dunha capa de aglomerado en quente. No caso da conexión entre Traslama e Curuxas, está previsto ademais mellorar a sinalización vertical e horizontal en todo o treito.


Villares destacou que estas actuacións “contribúen a facilitar a accesibilidade no medio rural, a fixar poboación e a incrementar a competitividade das explotacións agrarias”. Tamén puxo en valor a colaboración entre administracións para executar obras que teñen un impacto directo no día a día da cidadanía.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

A última convocatoria deste programa autonómico, correspondente ás anualidades 2026-2027, contempla un investimento total de preto de 19 millóns de euros no conxunto de Galicia. Estes fondos financian actuacións de ampliación ou mellora dos camiños que formen parte da rede viaria de acceso a unha ou a varias entidades de poboación.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page