top of page

A Xunta destina 55.000 euros a 33 agrupacións de Protección Civil, entre elas de Palas de Rei

O delegado territorial, Javier Arias, explica que se trata dunha das liñas de colaboración, ás que tamén proporciona material de emerxencias e cursos de formación continua


Laura Moure/Palas de Rei

A Xunta resolveu a orde de axudas anual para colaborar cos gastos de funcionamento das Agrupacións de persoal voluntario de Protección Civil (AVPC), que na provincia de Lugo beneficia a 33 entidades, entre elas a de Palas de Rei. As contías concedidas suman preto de 55.000 euros. O delegado territorial, Javier Arias, afirmou que estes apoios van destinados ás agrupacións dos concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou asociacións de municipios inscritas no Rexistro de AVPC.

Con estas subvencións poden cubrir investimentos en equipamento, vestimenta, elementos de prevención e protección e material informático e de comunicación, sempre que se trate de material funxible. Tamén son subvencionables os custos das actuacións que leven a cabo; da conservación, mantemento e alugamento da base e medios de intervencións; e da formación dos seus membros, así como o pagamento de seguros do persoal voluntario.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

As entidades beneficiarias están distribuídas por toda a provincia. Así, na Mariña figuran as AVPC de Barreiros, Burela, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, O Vicedo e Viveiro. Nas comarcas da Terra Chá e Meira, os apoios chegan a Vilalba, Xermade, Guitiriz, Riotorto, Ribeira de Piquín, Meira e Pol. Na Zona Sur, as achegas van destinadas ás AVPC de Chantada, Folgoso do Courel, Monforte de Lemos, Quiroga, Ribas de Sil, Sober, O Saviñao e Taboada. Así mesmo, obteñen colaboración as de Triacastela, O Incio, Cervantes, Negueira de Muñiz, Palas de Rei e Portomarín.


Arias lembrou que estas axudas súmanse á liña de apoio específica para dotar aos grupos de Protección Civil do material de emerxencias necesario para os seus operativos – remolques, tendas de campaña, equipos de extinción, desfibriladores, kits de seguridade viaria, embarcacións neumáticas, elementos para intervir no medio acuático .... -.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Ademais, a Xunta proporciona formación continua aos voluntarios nos cursos organizados pola Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp).

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page