top of page
Foto del escritorLaura Moure

A Xunta destaca en Sedexpo en Silleda a importancia da colaboración e prevención na seguridade

Os conselleiros do Mar e do Medio Rural, xunto co director xeral de Emerxencias e Interior,

participaron na inauguración deste certame na Feira Internacional de Galicia Abanca


Laura Moure/Silleda

O conselleiro do Medio Rural, José González, definiu este martes a Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias (Sedexpo) como un “proxecto en conxunto” e un “espazo de colaboración”, facendo fincapé en que estes ámbitos constitúen “unha loita de todos”. Ademais, remarcou que a través desta feira se asume a “responsabilidade compartida de facernos máis resistentes e resilientes ante as incertezas e os retos do futuro”.

José González participou, xunto co conselleiro do Mar, Alfonso Villares, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, na inauguración deste certame, que se

celebrará no recinto da Feira Internacional de Galicia Abanca dende este martes ata o vindeiro xoves, 30 de novembro.


Na súa intervención, o titular de Medio Rural destacou os case 29.000 metros cadrados de

superficie expositiva desta feira, que puxo en valor como “lugar de intercambio de

coñecemento e fonte de creación de sinerxías”. Nesta liña, salientou tamén que o evento

permitirá “establecer alianzas, intercambiar experiencias, xerar negocio, tomar o pulso ao

mercado e coñecer non só as novidades destes ámbitos, senón tamén as últimas

tendencias”.


Optimización de medios

En relación coa loita contra os incendios forestais, o conselleiro fixo especial fincapé na

prevención, como “vía fundamental para acalar aquelas situacións máis complicadas”.

Falou tamén da optimización dos medios, lembrando que Galicia conta con máis de 7.000 persoas no seu operativo, contabilizando tanto os profesionais propios da Xunta coma os

adscritos a outras administracións.


Publicidade


Sobre o dispositivo propio do Goberno galego, integrado por máis de 3.000 persoas,

González valorou a súa estabilidade laboral que -destacou- determina en gran medida a

súa profesionalidade. Así, subliñou que a nosa comunidade conta cun dispositivo público

no que dous terzos dos seus compoñentes traballan todo o ano e o terzo restante seis

meses.


Canto á dotación de material, o conselleiro puxo en valor, entre outras iniciativas, a

renovación de ata 125 vehículos motobomba desenvolvida pola Xunta na última década,

acadando o 80 % da frota do operativo. Así mesmo, salientou os 24 millóns de euros

consignados nos orzamentos de 2024 explicitamente para a dotación de medios, incluíndo

os aéreos e a subministración da uniformidade do servizo. Na mesma liña, referiuse á

optimización das infraestruturas, con mención particular ás bases de unidades operativas,

coñecidas como BUO e avanzou a construción de novas instalacións deste tipo, que se

virán sumar ás xa iniciadas de Muiños -próxima ao seu remate-, Mondoñedo e Rianxo.

Outro aspecto destacado por José González foi a futura inauguración do Centro integral

para a loita contra o lume de Toén (Ourense), que estará destinado á formación dos

traballadores do Servizo de prevención e defensa contra incendios da Administración

autonómica e como referente na materia en toda Europa.


Asemade, o conselleiro mencionou o II Congreso Internacional de Incendios Forestais

Interlumes, organizado pola Xunta e que se celebrará estes días en Silleda e trasladou

que, con todo este esforzo, o Goberno galego busca perseverar na redución “ao máximo”

da posibilidade de ocorrencia de lumes ou, no seu defecto, da súa afectación.


Ampla rede de servizos de emerxencias

Nun contexto máis amplo, José González recordou que Galicia conta cunha ampla rede de

servizos de emerxencias, formados tanto por profesionais como por voluntarios dispostos

a dar o mellor de si mesmos co único obxectivo de salvagardar a seguridade e o benestar

da sociedade.


Publicidade

Para acadar esta finalidade, o conselleiro incidiu na prevención e na colaboración, facendo

referencia a fitos coma o convenio de protección das aldeas, no que participan a maioría

dos concellos galegos, ou a cooperación con dúas das deputacións provinciais, Ourense e

Pontevedra “polo momento”, remarcou, apelando a que esta suma de esforzos “se faga

plural”. Tamén vinculado á prevención, José González fixo mención ás leis de

recuperación da terra agraria -en vigor- e de loita integral contra os incendios forestais -en

tramitación-. Así, trasladou que ambas, en conxunto, levarán a planificación preventiva a

un “seguinte nivel”, intensificando a implantación de instrumentos de mobilización da terra

e primando a súa colocación no territorio con criterios de prevención.


Salvamento marítimo

O conselleiro do Mar incidiu no papel cada vez máis importante dos dispositivos como os

drons que constitúen unha solución para optimizar as tarefas de salvamento marítimo,

combater a loita contra a contaminación mariña accidental, mellorar a preservación dos

ecosistemas fluviais e costeiros e perfeccionar a vixilancia do furtivismo. Unha tecnoloxía,

tal e como explicou Alfonso Villares, coa que conta o Servizo de Gardacostas que

participou nesta feira a través do helicóptero Pesca 1 coa realización dun simulacro de

recollida dun ferido en terra para o seu traslado ao centro hospitalario.


Nesta liña, tamén se reforzou con drons outras actuacións como as relacionadas coa

recollida de mostras e a medición de parámetros de calidade da auga de forma autónoma,

ou na mellora e o desenvolvemento da actividade por parte dos profesionais do Instituto

Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar) ou do Centro de

Investigacións Mariñas que presentou o mes pasado un proxecto que utiliza este tipo de

dispositivos e a intelixencia artificial para obter información actualizada sobre o cremento e

evolución da mexilla no litoral.


Simulacro de extinción de incendios

Pola súa banda, o director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, asistiu este martes a un simulacro de extinción de incendios enmarcado na II Congreso Internacional de Incendios Forestais Interlumes, organizado pola Xunta de Galicia dentro da Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias Sedexpo. Este tipo de operacións axudan a manter engraxado o dispositivo público galego de loita contra os lumes.


Neste simulacro recreouse un ataque combinado de medios aéreos e terrestres para a

defensa dunha vivenda illada, así como manobras de autoprotección. A prioridade destas

tarefas é a defensa dos núcleos habitados, xa que primeiro son as persoas e logo os seus

bens, todo isto sen esquecer a protección dos terreos forestais.

A extinción é un dos piares da loita contra os incendios forestais e o outro é a prevención.

Por iso, a Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural segue a traballar nesta

materia. Un exemplo é a prórroga do convenio de defensa das aldeas, no que colabora a

Consellería do Medio Rural, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e a

empresa pública Seaga. A addenda aprobada a semana pasada polo Consello da Xunta,

amplía o seu orzamento que, en total, chegará aos 12,2 millóns de euros no 2024.


En canto a actuacións sobre o territorio, cómpre destacar o papel que, en materia

preventiva, desempeñan as diferentes ferramentas da Lei de recuperación da terra agraria

de Galicia. Un exemplo son os polígonos agroforestais e as aldeas modelo que, ademais

de xerar actividade agrogandeira, facilitan a creación dunha devasa natural fronte o lume.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page