top of page

A Xunta destaca en Monterroso a importancia dos plans de mellora para favorecer as explotacións

A conselleira do Medio Rural visitou a explotación avícola O Marco, situada no concello lucense de Monterroso, beneficiaria destas achegas en varias ocasións


Laura Moure/Monterroso

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, realizou unha visita  á explotación avícola O Marco, situada no concello de Monterroso, e beneficiaria das achegas para investimentos e mellora de explotacións agrarias -os coñecidos como plans de mellora- en varias ocasións.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Alí, puxo de relevo esta partida orzamentaria, cuxa finalidade é mellorar a orientación ao mercado e aumentar a competitividade das granxas a curto e longo prazo, así como incidir na remuda xeracional no sector agrogandeiro.


Gómez lembrou que se vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución da convocatoria de 2025 destinada a financiar os plans de mellora daqueles mozos beneficiarios das axudas de incorporación de 2024 e que, nesa anualidade, quedaran sen financiamento. Son un total de 65 beneficiarios que recibirán unha axuda económica conxunta de arredor de cinco millóns de euros, o que supón uns 76.000 euros de media por explotación que garantirá a viabilidade do seu proxecto.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!

Seguindo esta liña, e tal e como anunciou a titular de Medio Rural esta mesma semana, a Consellería publicará no primeiro trimestre deste ano unha nova convocatoria para favorecer a remuda xeracional, dotada cun orzamento de 53 millóns de euros -23 millóns para a incorporación de mozos e 30 millóns para os plans de mellora asociados-. Esta ampla convocatoria débese á alta demanda que tiveron estas achegas no ano 2025, con máis de 460 solicitudes entre ambas actuacións, polo que se optou por habilitar esta nova partida conxunta para atender ao maior número de solicitudes posibles. Polo tanto, estas achegas beneficiarán non só a novos solicitantes, senón tamén aos que a pediron no 2025, que non terán que facer ningún trámite adicional.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Foto de arquivo de dous exemplares de pavos.
Foto de arquivo de dous exemplares de pavos.

Explotación avícola O Marco

María José Gómez exemplificou a potencialidade das achegas dos plans de mellora na explotación avícola O Marco, que se dedica á produción de carne de pavo. Esta granxa foi constituída no ano 1998 e na actualidade conta con catro naves con capacidade total para 44.470 aves.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page