Ecos da Comarca/Lalín

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, Francisco Conde, participou esta mañá en Lalín nun networking empresarial organizado pola Asociación de Empresarios do Deza.
Destacou que, no actual contexto de transición ecolóxica e dixital, as pemes e
microempresas teñen a oportunidade de crecer innovando a través da eficiencia
enerxética, a descarbonización, a economía circular, a mobilidade sustentable ou a
dixitalización.
Conde puxo en valor o esforzo e compromiso do tecido empresarial de Lalín, que é
Concello Emprendedor, xa que no primeiro trimestre do ano rexistrou a creación de 17
empresas -o dobre que no mesmo período do ano pasado- e apelou ao traballo conxunto e
á colaboración público-privada para seguir medrando.
Comments