top of page

A Xunta convoca para abril e xuño os actos expropietarios da estrada que une Friol e Palas

A actuación conta cunha inversión de case 2,8 millóns de euros entre os que se inclúen o pago de 222 fincas que se verán afectadas para poder acometer o acondicionamento


Laura Moure/Palas de Rei

A Xunta de Galicia convoca para os vindeiros meses de abril e xuño os actos expropiatorios para executar a primeira fase das obras de mellora da carretera LU-231, entre Friol e Palas de Rei. Esta actuación conta cunha inversión total de casi 2,8 millóns de euros, entre os que se inclúen o pago de 222 fincas que se verán afectadas para poder acometer o acondicionamento desta vía.


As obras en fase de contratación, terán un prazo de execución de 12 meses, afectarán os primeiros 9,4 kilómetros da LU-231, dos cales, 8,9 discurren polo concello de Friol e os últimos 500 metros polo de Palas de Rei.

O acto de levantamento de actas previas á ocupación do terreo situado no municipio de Friol terá lugar no salón de actos do centro sociocultural os días 15,16,19 e 20 de abril según recolle o Boletín Oficial da Provincia de Lugo (do 16 de marzo de 2021). Pola súa parte, o día 21 de abril están citados no salón de plenos da casa consitorial de Palas de Rei os titulares dos terreos afectados no municipio palense. Posteriormente, no mes de xuño, convocaranse os propietarios afectados ao pago de depósitos previos a formalización de actas de ocupación. A cita en Friol será os días 5,6 e 7 de xuño, de novo, no salón de actos do centro sociocultural. No caso de Palas de Rei, os titulares dos terreos están citados para o día 8 de xuño, tamén, no salón de plenos do Concello. Neste actos, seguiranse os respectivos protocolos necesarios para evitar riscos de contaxio a causa do Covid19.

Visita a estrada estre Palas e Friol hai unhas semanas.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page