top of page

A Xunta convoca as axudas para compensacións complementarias e para a reposición de animais

Están dirixidas a explotacións de gando bovino, ovino e caprino, como consecuencia do sacrificio obrigatorio de gando para levar a cabo a erradicación de enfermidades


Laura Moure

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha orde pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas de compensacións complementarias e axudas para a reposición dos animais en explotacións de gando bovino, ovino e caprino, como consecuencia do sacrificio obrigatorio de gando en execución de programas oficiais de erradicación de enfermidades. Estas subvencións, que xestiona a Consellería de Medio Rural, contan cun presuposto de 250.000 euros na súa convocatoria para o 2021.


Así, por unha parte, esta orde regula dous procedementos que se encontran na sede electrónica da Xunta de Galicia e que se corresponden cos dous periodos de tempo nas axudas complementarias (lucro cesante). En primeiro lugar, coas axudas de compensacións complementarias en explotacións de gando bovino, ovino e caprino no periodo no que non se permite a incorporación de novos animais (período de vacío). En segundo termo, coas subvencións de compensacións complementarias en explotacións de gando bovino, ovino e caprino no periodo desde que se autoriza a incorporación de novos animais ata que esta se fai efectiva (periodo de postautorización).


Por outra parte, contémplanse ademais das axudas para compensación, aquelas destinadas á compra de animais das especies bovina, ovina e caprina que teña por obxecto a reposición de efectivos, en aquelas explotacións rexistradas en Galicia na que se mandou o sacrificio de animais destas especies, despois do diagnóstico dunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación.


Tamén se incluirán os casos de animais desas especies que morreran neses marcos sanitarios oficiais citados, e os casos de morte/sacrificio deses animais como consecuencia dun programa oficial obrigatorio de vacinación.


Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das axudas de compensacións complementarias por lucro cesante as persoas físicas e xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica que sexan titulares de explotacións bovinas, ovinas e caprinas nas que se sacrificara ou destruíra de forma preventiva a totalidade do seu censo, por motivos de sospeita e/ou confirmación da presencia dalgunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación.


Do mesmo xeito, poderán beneficiarse das aportacións para a compra de animais de reposición as persoas físicas e xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica que sexan titulares de explotacións das mencionadas especies nas que se ordenara o sacrificio obrigatorio de animais existentes nelas, como consecuencia do diagnóstico dunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación. Tamén, as persoas ou entidades titulares de aquelas explotacións onde morreran ou se practicara a eutanasia de animais destas especies, por mor dunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación ou por mor dun programa oficial obrigatorio de vacinación.


O prazo para a presentación de solicitudes e, se é o caso, da correspondente documentación complementaria, será desde mañá, día siguiente ao da publicación desta orden no DOG, ata o día 30 de novembro do 2021.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page