O fin delas é para a mellora da accesibilidade e a adquisición dun vehículo
Ecos da Comarca/Boimorto
A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visitou este mércores o concello de Boimorto para dar conta das axudas para a supresión de barreiras arquitectónicas e a adquisición de vehículos das que se beneficiará este municipio.

En concreto, a Xunta concedeu dúas achegas económicas por un total de 100.000 euros a este municipio coruñés para acometer estas actuacións.
Publicidade
Fabiola García, que foi recibida pola alcaldesa, María Jesús Novo, explicou que con estas novas liñas de axudas, o Concello de Boimorto acometerá a mellora da accesibilidade da rúa Vilanova, cun investimento de 48.400 euros.
Publicidade
A segunda das axudas empregarase na compra dun vehículo para mellorar o funcionamento dos seus servizos e centros sociais.
Publicidade
O Goberno galego destina un total de 3 millóns de euros a estas dúas ordes de axuda —2 millóns para a mellora da accesibilidade de espazos, equipamentos ou edificios públicos e 1 millón para a adquisición de vehículos—.
Están dirixidas a concellos cun censo máximo de 10.000 habitantes e aqueles que resultaron beneficiarios teñen de prazo ata o mes de marzo para xustificalas, no caso das de accesibilidade, e ata maio no caso das subvencións para a compra de vehículos.
Comentários