top of page

A Xunta asesora en Antas a persoal de 13 Concellos sobre a aplicación das Directrices da Paisaxe


Laura Moure/A Ulloa

O director do Instituto de Estudos do Territorio (IET), Francisco Barea, animou este venres a 13 concellos da provincia de Lugo a implicarse e colaborar na aplicación práctica das Directrices da Paisaxe de Galicia, a primeira ferramenta deste tipo coa que conta a comunidade e que entrou en vigor o pasado 20 de febreiro. Así llo trasladou a unha representación de técnicos e responsables municipais dos concellos de Antas de Ulla, Taboada, Monterroso, Portomarín, O Páramo, Paradela, Chantada, O Saviñao, Bóveda, Carballedo, Pantón, Monforte de Lemos e Sober no transcurso dunha xuntanza informativa celebrada na Casa do Concello de Antas de Ulla.

Os asistentes á reunión este venres en Antas de Ulla.

Cómpre lembrar que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda leva catro meses celebrando este tipo de reunións para dar a coñecer a nivel local o contido das Directrices. Neste sentido, Francisco Barea sinalou que están pensadas como unha nova ferramenta de protección, xestión e conservación da paisaxe, coa que Galicia afianza a súa actual posición á vangarda do país nesta materia.

A Xunta pon en valor este tipo de encontros porque é moi importante que se coñeza o seu alcance, por canto recolle normas e directrices que deberán integrarse na totalidade de iniciativas que se promovan no territorio galego. En definitiva, búscase compatibilizar a protección e mellora da paisaxe co desenvolvemento económico de Galicia.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page