top of page

A Xunta aproba inicialmente o Plan Básico Municipal do concello de Antas de Ulla

A directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, informou onte deste trámite á alcaldesa deste municipio, Pilar García Porto


Laura Moure/Antas de Ulla

A Xunta vén de aprobar de forma inicial o Plan Básico Municipal (PBM) do concello de Antas de Ulla para dotar este municipio dun instrumento eficaz de ordenación do territorio.

A directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, xunto co director territorial da Consellería de Vivenda, Marco Antonio Fernández Piñeiro, informou onte á alcaldesa de Antas de Ulla, Pilar García Porto, da aprobación inicial deste plan.

Trátase dun instrumento urbanístico básico que permitirá ao municipio ofrecer capacidade de acollida residencial e económica. Tras a aprobación inicial de onte, o documento someterase a información pública durante dous meses e solicitaranse todos os informes sectoriais preceptivos previos á súa aprobación definitiva.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O Plan para este concello, que conta cunha poboación de 1.825 habitantes, clasifica un ámbito de solo urbano consolidado, así como un total de 93 núcleos rurais, repartidos en 28 parroquias. Deles, 58 son tradicionais e 35 combinan partes tradicionais e comúns.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Ademais o plan contén un Catálogo que abrangue un total de 275 elementos de patrimonio cultural. Deles, 45 son Bens de Interese Cultural (BIC) e 230 son bens catalogados. Entre os BIC hai 33 bens arqueolóxicos (petroglifos), 5 arquitectónicos e 7 etnolóxicos. Por outra banda, entre os elementos catalogados hai 69 arqueolóxicos, 68 arquitectónicos e 93 etnolóxicos.


A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a través da Dirección Xeral de Urbanismo, está a promover os Plans Básicos Municipais en concellos de menos de 5.000 habitantes que non contan con planeamentos xerais. O obxectivo da Xunta é dotar a estes municipios dunha ferramenta que permita impulsar unha ordenación urbanística responsable e sostible.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!

Na actualidade, hai 5 PBM aprobados definitivamente: Trabada, Riotorto, Ribeira de Piquín, O Páramo e Alfoz. Ademais, hai 16 PBM con aprobación inicial: Triacastela, Cartelle, Padrenda, Porqueira, San Xoán de Río, Guntín, Punxín, Dozón, Viana do Bolo, Lobeira, Beariz, Negueira de Muñiz, Samos, San Cristovo de Cea, San Amaro e agora Antas de Ulla, así como outros tres PBM que se atopan no proceso de avaliación ambiental estratéxica.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page