top of page

A Xunta anima ás pemes galegas a innovar seguindo o exemplo de empresas como Jim Sports

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, visitou a empresa de Palas de Rei, que está inmersa nun proceso de innovación para incrementar a súa produtividade e facer fronte aos retos do mercado


Laura Moure/Palas de Rei

A directora da Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia, Patricia Argerey, visitou esta mañá en Palas de Rei a empresa Jim Sports, dedicada á fabricación e distribución de equipamento deportivo.

Argerey destacou o exemplo da peme lucense como caso de éxito de innovación continua para facer fronte aos retos do mercado, a través da dixitalización e automatización dos procesos de produción, loxística e almacenaxe para incrementar a súa produtividade ou a escoita activa dos consumidores e do mercado para adiantarse aos cambios nas necesidades dos seus clientes, entre outros aspectos.


Argerey lembrou que a innovación non é só unha cuestión relativa a grandes empresas tecnolóxicas, pois está ao alcance de todas, independentemente do seu tamaño, localización ou sector. Tamén apuntou que Jim Sports, situada nun concello rural, fabrica e distribúe material deportivo para máis de 30 disciplinas, conta con máis de 17.000 referencias no seu catálogo de produtos.

Pola súa banda, os representantes de Jim Sports aproveitaron para explicar os novos proxectos nos que está inmersa destacando a futura creación dun depósito aduaneiro público, co que espera gañar competitividade para as súas empresas e tamén para as que queiran facer uso do mesmo, axudando así a dinamizar a zona.

Argerey aproveitou para lembrar que nas vindeiras semanas se publicará a convocatoria da liña de axuda InnovaPeme, que ten como obxectivo apoiar ao tecido empresarial a incorporar a innovación e o deseño nos seus procesos produtivos, dotada con 4,5 millóns de euros.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page