top of page

A Xunta adxudica o servizo para obter a cartografía previa para redactar o plan básico de Antas

Dividido en dous lotes, a empresa adxudicataria disporán dun prazo de seis meses, a contar desde a sinatura dos contratos


Laura Moure/Antas de Ulla

A Xunta de Galicia acaba de adxudicar por un importe de case 150.000 euros o servizo para a obtención da cartografía previa e necesaria para poder redactar os plans básicos municipais de seis concellos. Son, en concreto, os municipios lucenses de Antas de Ulla, Negueira de Muñiz e Pantón, e os ourensáns de San Amaro, Chandrexa de Queixa e Montederramo.

Divididos en dous lotes, as empresas adxudicatarias disporán dun prazo de seis meses —a contar desde a sinatura dos contratos— para completar os traballos e obter a base cartográfica das 65.560 hectáreas que abranguen estes municipios, información que se utilizará como punto de partida para a elaboración dos correspondentes PBM.

Cómpre lembrar que este instrumento de planeamento foi creado a través da Lei do solo e está pensado para que os concellos de menos de 5.000 habitantes e sen planeamento xeral —37 en toda Galicia— poidan desenvolver certa actividade urbanística pero sen establecer criterios de crecemento urbano.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Neste sentido, os plans básicos veñen a completar o abano de figuras normativas e de medidas que aprobou o actual Goberno galego desde o ano 2009 para acadar un urbanismo sostible e responsable, como son as Directrices de ordenación do territorio, o Plan de ordenación do litoral, a Estratexia da paisaxe galega, o Plan básico autonómico, ou a lei do solo e a de ordenación do territorio.

Deste xeito, a Xunta segue a apostar polos plans básicos municipais como unha ferramenta útil e axeitada para responder ás necesidades urbanísticas particulares dos municipios máis pequenos, avanzando na tramitación dos que xa están redactados e impulsando a elaboración doutros novos. De feito, estes 6 municipios sumaranse aos 18 que actualmente xa teñen ou están a traballar para dotarse do seu propio plan básico.

Cómpre lembrar que o pasado 5 de agosto foi aprobado de forma definitiva o PBM do Concello de Trabada, o primeiro de toda Galicia. No caso de Riotorto, o documento xa obtivo o informe favorable da Xunta Consultiva en materia de ordenación do territorio e urbanismo, trámite previo á súa aprobación, prevista para o mes de setembro.

Por outra banda, os concellos de Ribeira de Piquín, Triacastela, Cartelle, Padrenda, Porqueira, San Xoán de Río e O Páramo están pendentes de obter todos os informes favorables preceptivos, mentres que no caso de Alfoz, Guntín, Samos, Beariz, Lobeira, Punxín, San Cristovo de Cea, Viana do Bolo e Dozón estase rematando a redacción do borrador do plan e o documento ambiental estratéxico para poder iniciar o procedemento de avaliación ambiental.

1 Comment


E dicir que a xunta ten un servizo cartográfico e paga a outras empresas por un traballo que está a facer a mesma.

Like
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page