A bonificación do prezo de venda, do 30 por cento, supón o aforro de 241.155 euros por parte das empresas que adquiren o solo
Laura Moure/Deza
A Xunta de Galicia adxudicou dúas parcelas, cunha superficie total de 9.032,05 metros cadrados, nos parques empresariais de Lalín e Silleda. A bonificación do prezo de venda, do 30 por cento, supón o aforro de 241.155 euros por parte das empresas que adquiren o solo.
![](https://static.wixstatic.com/media/0216be_b069defc01d44d549d90145a54ddb06c~mv2.jpg/v1/fill/w_147,h_98,al_c,q_80,usm_0.66_1.00_0.01,blur_2,enc_auto/0216be_b069defc01d44d549d90145a54ddb06c~mv2.jpg)
Na área industrial de Silleda, adxudicouse unha superficie de 4.517,05 metros cadrados a unha empresa de elaboración de pratos preparados, cunha bonificación de 119.250 euros.
No caso do parque empresarial Lalín 2000, unha parcela de 4.515 metros cadrados, foi adxudicada a unha empresa dedicada á fabricación e montaxe de fachadas, cunha bonificación de 121.905 euros.
Ademais, no que respecta á área industrial de Lalín, está previsto que nos primeiros días de agosto a empresa pública Xestur licite a redacción do proxecto de expropiación dos terreos necesarios para a súa ampliación. O contrato licitarase por un importe de 71.607,21 euros.
A ampliación deste parque ocupará unha superficie total de 313.955 metros cadrados, boa parte dos cales xa son propiedade da Xunta, polo que a expropiación afectará a pouco máis de 150.000 metros cadrados.
A maiores, a Xunta prevé investir preto de 11,5 millóns de euros nas obras de urbanización da ampliación, ao que se sumará máis de 1 millón de euros destinados á adquisición dos terreos necesarios.