Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

A Xunta actuará en 11 tramos do río Ulla entre eles os que pasan por Silleda, Vila de Cruces e Touro

Arranca o Proxecto Mil Ríos para mellorar un total de 470 quilómetros de 50 cursos fluviais e aumentar así a súa resiliencia e capacidade de resposta ante o cambio climático


Laura Moure/Deza/Touro

A Xunta de Galicia dá comezo á execución do Proxecto Mil Ríos para mellorar un total de 470 quilómetros de 50 cursos fluviais e aumentar así a súa resiliencia e capacidade de resposta ante o cambio climático. O Goberno galego impulsa esta iniciativa co obxectivo de restaurar os ámbitos fluviais, incrementar a biodiversidade e optimizar a conectividade ecolóxica, cun investimento global de 5 millóns de euros de fondos europeos.

Na véspera do Día internacional de acción polos ríos (14 de marzo), a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, acompañada polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, e a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, presentou esta mañá ao pé do Ulla as primeiras actuacións do proxecto aos alcaldes dos nove concellos polos que pasa este río, así como a varias asociacións de pesca e medioambientais.


Os traballos consistirán na mellora da vexetación de ribeira mediante a eliminación de especies exóticas invasoras e a plantación de especies autóctonas, así como en suprimir obstáculos e optimizar os dispositivos de franqueo, co que se reforza a capacidade de adaptación dos ríos.


Unha das primeiras actuacións

A conselleira de Medio Ambiente adiantou que o Ulla é un dos primeiros ríos nos que se actuará e concretou que se intervirán 11 tramos diferentes ao seu paso polo concellos de Padrón, Pontecesures, A Estrada, Teo, Vedra, Boqueixón, Silleda, Vila de Cruces e Touro, que suman 38,4 quilómetros fluviais e que representan 57,5 hectáreas de superficie. Así, neste río preténdese eliminar especies exóticas invasoras, como a acacia negra, falsa acacia e mimosas, que —xunto coa fragmentación dos hábitats— supoñen unha das principais ameazas da biodiversidade galega.


Non obstante, engadiu que este proxecto tamén recolle para o Ulla a “importante” construción dunha nova estación ictiolóxica no Xirimbao —presa de Couso—, como complemento da de Ximonde, para mellorar o seguimento das poboacións de especies de peixes migradores. “Queremos converter o Ulla nun río exemplar do estudo do salmón a nivel mundial, así como aproveitar os resultados para definir os plans de aproveitamento e de recuperación”, explicou Vázquez Mejuto.

Por último, a conselleira de Medio Ambiente salientou a importancia deste proxecto polo papel que teñen os ríos, xa que son as arterias naturais de Galicia, que equilibran o ciclo hidrolóxico, transportan nutrientes dende ou seu nacemento ata o mar, contribúen a suavizar as condicións meteorolóxicas e climáticas —especialmente en zonas áridas—, e tamén teñen a función de eixos vertebradores do territorio e xeradores de paisaxes.

242 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE