Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

A Xunta acaba de abrir dúas liñas de axudas para apoiar a actividade das axencias de viaxes

Destina 3,6 millones de euros a colaborar co sector na promoción de Galicia, fomentar a transformación dixital dos negocios e financiar gastos de alugueiros e hipotecas

Javier Arias visitou onte unha axencia de viaxes na capital lucense.


Laura Moure

A Vicepresidencia primeira da Xunta, a través da Axencia de Turismo de Galicia, mantén aberto o prazo de presentación de solicitudes de dúas liñas de axudas específicas para axencias de viaxes orientadas a impulsar accións de promoción da comunidade, fomentar a transformación dixital das empresas e inxectar liquidez ao sector. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou onte unha axencia de viaxes da capital lucense no marco dos contactos que está a manter cos negocios cuxo funcionamento se ve máis condicionado pola pandemia.


Arias apuntou que a labor destes profesionais “xoga un papel fundamental na comercialización de Galicia como destino turístico, dándolle visibilidade a toda a nosa oferta”. Ambos os programas de subvencións, que suman un orzamento de 3,6 millóns de euros, foron convocados en concorrencia non competitiva dentro do Plan de choque para o sector do turismo. A través da primeira liña, cuxas axudas poden solicitarse ata o 22 de marzo, a Xunta sufragará a creación e comercialización de paquetes turísticos de Galicia, incluído o deseño e elaboración de soportes de comunicación gráficos ou audiovisuais, o emprego de novas tecnoloxías na xestión e a promoción en liña a través de páxinas web, redes sociais ou blogues, así como as accións de mellora do posicionamento en buscadores.


Tamén se fomenta a transformación dixital das empresas financiando os gastos derivados das licenzas de programas de xestión, a adquisición de equipamento informático e software e as asistencias en programación e en actividades de dixitalización, entre outros. Esta mesma convocatoria inclúe achegas para pagar os seguros de caución das empresas. En canto ao segundo dos programas activados, abriu o prazo de solicitude ata o 24 de marzo e está centrado en cubrir os gastos de alugueiros ou de hipotecas dos locais das axencias de viaxes. As axudas enmárcanse no Plan de choque para o sector turístico, que inclúe, entre outras medidas, o seguro de coronavirus, que cubrirá os custos sanitarios, de transporte e aloxamento que se deriven da posible situación de contaxio de covid-19 dun viaxeiro e/ou o seu acompañante. Ademais, conta con outras actuacións de incentivos ao consumo, como a renovación do Bono Turístico e a reedición do programa de promoción do turismo interno Elixe Galicia.


24 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE