Ecos da Comarca/Lalín
En 26 localidades galegas houbo este luns concentración en apoio a Palestina. Unha vez máis a solidariedade saíu a rúa. E nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa houbo unha concentración na Praza da Igrexa de Lalín.
Publicidade
En Lalín puideron verse pancartas nas que se lían: Liberdade para Palestina; Paremos o xenocidio, Galiza con Palestina ou Paz e liberdade para Palestina.
Publicidade
Cabe mencionar que Palestina está sufrindo as represalias de Israel tras o ataque por sorpresa de Hamás o pasado sábado.
Comentarios