top of page

A 'Vila do Mañá' chegará do 16 ao 20 de agosto a Touro

Hai prazas limitadas e hai que inscribirse e se algún veciño quere que lle pinten o seu muro terán que poñerse en contacto co Concello


Ecos da Comarca/Touro

A iniciativa "A Vila do Mañá" chega a outro concello das comarcas. Neste caso, desenvolverase en Touro durante este mes.

Así A Vila do Mañá, Touro Traballando a Literatura galega terá lugar en concreto os días 16, 17, 18, 19 e 20 de agosto para a mocidade deste municipio.


Os interesados en participar poden inscribirse ata o 11 de agosto a través dos teléfonos 981 814 566 ou 981 504 029 ou do correo cultura@concellodetouro.gal

É unha iniciativa de balde, pero hai prazas limitadas.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Ademais, as persoas que teñan un muro de bloque ou ladrillo en Fonte Díaz terán a oportunidade de convertelo en arte con esta iniciativa. Os interesados só teñen que chamar ao departamento de Cultura do Concello de Touro antes do 11 de agosto.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page