top of page
Foto del escritorLaura Moure

A veciñanza de Dornelas gaña a cuarta edición do Certame de decoración #SilledaFaiNadal

En individual, a gañadora é Alexia Ferro, seguida de Naiara Peña e Nerea

Costa


Laura Moure/Silleda

A cuarta edición do certame de decoración navideña #SilledaFaiNadal xa ten as creación gañadoras. O xurado reuniuse nas últimas horas para a posta en común e valoración das

propostas deste certame, que reparte máis de 3.000 euros en premios, consistentes en vales para gastar no comercio e hostalería do municipio, despois de visitar e analizar os 13 traballos participantes.

Na categoría colectiva o primeiro premio (1.000 €) é para a veciñanza de Dornelas, que decorou o campo da Festa e os dous palcos da localidade. Foi o traballo que acadou a maior puntuación tanto no voto popular (a través das redes sociais) como no voto do xurado.


O segundo (700 euros) recaeu na Asociación Socio Cultural de Cortegada, cunha orixinal recreación da casa de Papá Noel na carballeira de Camporrapado. O terceiro, dotado con 500 euros, é para o barrio das Baratas, que complementou a decoración con orixinais regadeiras de plástico reciclado con luces.


Publicidade

Na individual, a proposta gañadora (500€) foi novamente a de Alexia Ferro, pola decoración dun portal no edificio número 25 da rúa Progreso. O segundo premio (300 euros) foi para Naiara Peña, que decorou un balcón na rúa Carballeira do Chouseiño, e o terceiro (175 euros) para Nerea Costa Alonso, pola decoración da súa vivenda en O Pereiro, Laro.


Ao igual que en anos anteriores, o xurado tamén decidiu outorgar dúas mencións especiais: para a praza Mestre Mateo e para a decoración dunha vivenda en Outeiro, na parroquia de Parada.


Publicidade

No xurado participaron membros dos colectivos A Costa de Abades, Festibandeira e Escola de Fútbol de Silleda, os que dende o Concello se lles agradece a súa colaboración.


Os premios entregaranse este xoves 4 de xaneiro ás 12:00 horas no salón de actos do Concello.


Por primeira vez nos 4 anos de concurso se estableceu un doble sistema de votación: sumando os puntos do xurado e os recibidos a través da votación popular nas Redes Sociais.

Publicidade

Dende o Concello de Silleda agradécese a participación e implicación de todos as persoas e grupos participantes neste certame, que xurdiu en 2020 con distintos obxectivos. Así, ademais de dinamizar a participación activa da veciñanza e promover a creación de ambiente de Nadal, co certame -convocado polas concellerías de Cultura e Promoción económica- tamén se pon en valor o uso de materiais de refugallo ou de segunda utilización, e se promove a interacción social. Ao mesmo tempo, tamén se dinamiza o comercio e a hostalería local.



0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page