top of page

A veciñanza de Baiobre, en Touro, acondiciona a carballeira centenaria de Santa Isabel

O día 9 deste mes celebrarase nese escenario a romaría na honra a esta santa


Ecos da Comarca/Touro

Un grupo de veciñas e veciños de Baiobre, na parroquia de San Cristovo de Beseño en Touro xuntouse para acondicionar a carballeira centenaria que acolle a capela en honra a Santa Isabel, tal e como informa o propio Concello.



Publicidade

Alí celebrarase o vindeiro domingo, día 9 de xullo, a tradicional Romaría de Santa Isabel. A veciñanza rozou este espazo e preparouno para recibir a todos os que queiran participar nunha celebración que ten previstas misas ás 10:00, 11:00 e 12:00 horas.


Publicidade

A misa solemne será ás 13:30 horas. A continuación haberá baile de mediodía e verbena con JB SON. Os organizadores informan que tamén haberá polbo e churrasco.



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page