É un servizo gratuíto, pero é necesario solicitar cita previa
Ecos da Comarca/Palas de Rei

A Xunta de Galicia en colaboración co Concello de Palas de Rei achega aos veciños do municipio palense a iniciativa “Coidados porta a porta”, onde unha unidade móbil facilitará diversos servizos de audiloxía, podoloxía e estimulación de memoría ás persoas maiores de 55 anos de forma gratuíta.
Esta unidade móbil, estará en Palas de Rei, na praza da Feira, os días 21, 22, 26, 27 de xullo de 9:00 a 20:00 horas. É preciso solicitar cita previa chamando ao teléfono: 622 748 283 ou contactando en coidadosportaaporta.políticasocial@xunta.gal
コメント