top of page

A unidade móbil da ITV agrícola desprazarase ao municipio de Silleda nas vindeiras semanas

O calendario pode variar debido ao peche perimetral dos concellos


Laura Moure/Silleda


A Unidade Móbil de Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas visitará de novo o municipio de Silleda este mes. Estará ubicada durante varias xornadas en diferentes puntos, se ben o calendario dada a situación co peche perimetral dos concellos polas medidas de restricción para frear a expansión da Covid-19 pode estar suxeito a cambios.


A primeira ubicación será na parroquia de Laro, no campo da festa os días 9 e 10 de febreiro. Despois visitará A Bandeira, onde se ubicará na rúa Esmorga dende o 11 ao 15 de febreiro; Escuadro (xunto ao cemiterio) do 16 ao 18 de febreiro; e Silleda (detrás do ambulatorio) do 19 ao 23.


O horario habitual de atención será de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas de luns a venres, agás o día 19 de febreiro, nos que só se atenderá en horario de mañá. Para solicitar cita previa os interesados poden facelo vía telefónica, chamando ao 902 309 000, ou a través da páxina web www.sycitv.com. O Concello de Silleda colocou bandos informativos para detallar os lugares e horarios, pero poden estar suxeitos a cambios debido ao peche perimentral dos municipios, pero de iso xa se lle informará ás persoas que teñen cita previa.



0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page