top of page

A socialista María del Pilar García será a nova alcaldesa de Antas de Ulla

Laura Moure/IsmaelRS/Antas de Ulla


ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023. RESULTADOS

 

Despois da intensa campaña electoral, hoxe, domingo, foi a quenda dos veciños. Co seu voto decidiron en toda España quen ocupará a súa Alcaldía ao longo destes vindeiros catro anos. Os centos de veciños das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa pasaron polas urnas. Cabe mencionar que en total nos 17 municipios había 60 candidaturas.

O caso de Antas de Ulla é toda unha novidade nas comarcas, xa que o Partido Popular perde a Alcaldía despois de anos. A socialista María del Pilar García logrou a confianza dos veciños e será a nova alcaldesa deste concello da ulloa.

Os RESULTADOS son:

  • PSOE: ( 5 concelleiros)

  • PP: ( 4 concelleiros)

No caso de Antas de Ulla optaban a Alcaldía estas dúas candidaturas: PP e PSOE. Poden consultarse as listas no seguinte enlace: https://www.ecosdacomarca.com/post/d%C3%BAas-candidaturas-buscan-facerse-coa-alcald%C3%ADa-de-antas-de-ulla

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page