top of page

A saxofonista silledense Ana R. Gestal dará un concerto no Paraninfo da Universidade de Santiago

A cita será o vindeiro luns, 14 de febreiro


Laura Moure/Silleda

Despois de dous anos sen actividade, o ciclo de concertos Novos Talentos Musicais, da Asociación Compostela Sound, regresa ao paraninfo durante este mes de febreiro. O luns 14 de este mes será o turno da saxofonista dezá Ana R. Gestal que, acompañada polo pianista Brais González, interpretará música de compositores franceses. O recital será no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela ás 20:30 horas; e as invitacións para asistir se poden reservar, ata as 12:00 horas do mesmo día, na páxina web da área de cultura da universidade.

No seu debut na capital galega, a silledense tocará diversas pezas de Jacques Ibert, Florent Schmitt e Darius Milhaud. Compartirá escenario coa tamén saxofonista viguesa Andrea González, que interpretará música de Lars-Erik Larsson. Este concerto surxíu trala cancelación do IV ciclo Novos Talentos Musicais en marzo 2020, cando a silledense foi seleccionada para participar.

Traxectoria musical

Ana comezou a súa carreira musical na Escola Municipal de Música de Silleda aos 10 años. Tamén estudiou no Conservatorio de Lalín e forma parte da Banda Municipal de Silleda desde fai máis de 10 anos. En 2017 trasladouse a Extremadura para realizar o grao superior de saxofón no Conservatorio Superior de Badajoz “Bonifacio Gil”; e actualmente realiza un máster de interpretación solista no Centro Superior Katarina Gurska de Madrid co saxofonista Pedro Pablo Cámara.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page