A Romaría da Fervenza de Escuadro volta ao calendario festivo o día 20 con seis agrupacións
- Laura Moure
- hace 15 horas
- 2 Min. de lectura
Esta festa silledense, no fermoso entorno natural de Férveda, contará cun xantar popular e unha xuntanza de cabaleiros
Laura Moure/Silleda
O vindeiro domingo día 20 volta unha nova edición da Romaría da Fervenza, na parroquia silledense de Escuadro. A cita, que cumple a súa décimo primeira edición , contará dende o mediodía coas actuacións de seis grupos de música tradicional. Participarán nesta festa a Agrupación de Acordeóns de Lalín, Lumen na Lareira, as pandereteiras Ponte da Prata de Botos, os gaiteiros Os Pereiriños de Curantes, Pau de Buxo de Saídres e o grupo anfitrión, O Son da Fervenza de Escuadro.

O xantar será servido polo Mesón A Roda, de Rodeiro, a base de empanada, churrasco de tenreira, porco ou mixto, patacas fritas, ensalada, pan, postre, café con gotas e licores. O prezo é de 25 euros para persoas adultas, e 10 euros para menores ata 10 anos. Haberá tamén pulpeiro.
Publicidade
As reservas xa están á venda no restaurante La Txapela de Silleda, parrillada A Devesa de Graba, Restaurante María Luisa en Senra; A taberna de Graba, a Dama do Río (O Foxo); e Bar Atly, na Bandeira. Durante a xornada haberá tamén unha xuntanza de cabaleiros. A
organización, a cargo do colectivo Son da Fervenza e os cabaleiros da Fervenza, presentou onte o cartel no Concello acompañados pola alcaldesa, Paula Fernández, a
concelleira de Cultura e Turismo, Mónica González, e a concelleira de Benestar, Ángela Troitiño , que destacaron o esforzo da organización deste “certame singular polo entorno no que se celebra, e que tamén un dos protagonistas desta xornada”, indican. Por parte da organización asistiron José Filloy e Óscar Otero.
Publicidade
A Fervenza de Férveda, posta en valor polo Concello de Silleda no ano 2013 coa creación dun roteiro e a recuperación dun lavadoiro e muiño tradicional, entre outros, é un dos reclamos turísticos do municipio silledense.
Comments