top of page

A Romaría da Rosquilla de Abades cumple 36 anos o vindeiro domingo de Pascua

A  exaltación do produto inclúe como xa é tradicional a subasta de bolos


Laura Moure/Silleda

A parroquia silledense de Abades celebrará o vindeiro domingo 31 de marzo, domingo de Pascua, unha nova edición da Romaría da Rosquilla. Esta festa cumple xa 36 anos como un dos referentes da gastronomía do municipio. Para abrir boca, a comisión organizadora –da man da Asociación de Veciños A Costa – celebrou este sábado un obradoiro de elaboración de rosquillas gratuito no que se amosou como elaborar este afamado postre. 

No marco desta cita, no local social da localidade, presentouse a 36 edición da festa polos membros da organización nun acto que contou coa asistencia da alcaldesa, Paula Fernández, e a concelleira de Cultura e Turismo, Mónica González. A festa, o domingo 31, comezará ca misa cantada polo Coro de Ponteledesma, ás 11:30 horas. A continuación actuará o grupo de música e baile tradicional Xirandola, que animará a xornada durante a mañá.


Publicidade

A partir das 13:30 terá lugar a entrega de premios ás rosquillas máis sabedeiras e á creación máis orixinal seguida da xa tradicional subasta de bolos. Os premios consistirán en vales de compra para gastar no comercio e a hostalería local, aportados polo Concello de Silleda.


O público que o desexe poderá xantar no campo, na carpa que servirá a pulpería Crisóstimo. Pola tarde, a partir das 17:00 horas actuará o dúo Punto Cero. Tamén se instalará no campo unha colchoneta inchable gratuíta durante toda a xornada.


Publicidade

A alcaldesa, Paula Fernández, destacou o traballo realizado polos veciños e veciñas de Abades “que ano a ano seguen esforzándose por manter unha das tradicións gastronómicas con máis historia do noso municipio”. Pola súa banda, dende o colectivo veciñal de Abades, que preside Encarna Mejuto, agradeceron a colaboración do Concello de Silleda, así como dos colectivos e particulares que participan no certame no que se agarda de novo seguir batendo récords.



0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page