top of page

A Romaría da Fervenza de Escuadrocelebra a súa décima edición o 24 de xullo con sete agrupacións

A festa, no fermoso entorno natural de Férveda, contará con xogos populares, xantar, música en directo, unha xuntanza de cabaleiros ou unha concentración de motos clásicas

Laura Moure/Silleda

O vindeiro domingo 24 volta unha nova edición da Romaría da Fervenza, na parroquia silledense de Escuadro. A cita, que cumple unha década, contará dende o mediodía coas actuacións de sete grupos de música tradicional. Participarán nesta festa o Coro Voces da

Terra, de Vila de Cruces; o grupo Tokaide do Carballiño; Pandereteiras Ponte da Prata, de Botos; Os Pereiriños, de O Foxo; Pau de Buxo de Saídres; Lume na Lareira, da Estrada e o grupo anfitrión, O Son da Fervenza.


O xantar será servido polo Mesón A Roda, de Rodeiro, a base de empanada, churrasco de tenreira, porco ou mixto, patacas fritas, ensalada, pan, postre, café con gotas e licores. O prezo é de 20 euros para maiores de 12 anos; 12 euros para nenos e nenas de entre 8 e 12 anos, e 5 anos para os que teñan ata 8 anos. As reservas xa están á venda na de Cerdeira (Escuadro); a taberna de Graba; Restaurante María Luisa en Senra; a Dama do Río (O Foxo); e Bar Atly, na Bandeira.

Durante a xornada non faltarán xogos populares coma o tiro á corda, ou outras actividades coma xogos con globos. A organización, a cargo do colectivo Son da Fervenza e os cabaleiros da Fervenza, tamén realizará sorteos e haberá unha concentración de motos clásicas.


Os membros da asociación organizadora presentaron o cartel no Concello acompañados polo alcalde, Manuel Cuiña, e a concelleira de Cultura e Turismo, Mónica González, que destacaron o esforzo da organización deste “certame singular polo entorno no que se celebra, e que tamén un dos protagonistas desta xornada”, indican. A Fervenza de Férveda, posta en valor polo Concello de Silleda no ano 2013 coa creación dun roteiro e a recuperación dun lavadoiro e muiño tradicional, entre outros, é un dos reclamos turísticos do municipio silledense.

Dende a organización prégase tamén aos asistentes que se acheguen en coche que accedan o día da festa pola aldea de Férveda, para evitar colapsos na zona.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page