A rodeirense Paula Diéguez Saa queda subcampioa de España cadete feminino
Laura Moure/Rodeiro
A rodeirense Paula Diéguez Saa queda subcampioa de España cadete feminino. Desta maneira, Paula, xogadora do Bm Rodeiro Coop. O Rodo, regresará a Camba cunha medalla de prata.

O equipo cadete feminino de Galicia quedou subcampión no Campionato de España de Seleccións Autonómicas celebrado en Alicante, logo de perder na final contra a Comunidade de Valencia.
"Parabéns ao combinado galego e en especial a Paula pola súa medalla de prata e a súa gran actuación neste campionato. Iso si que é deixar Rodeiro ben alto", sinala o Balonman Rodeiro.
Tamén o alcalde do municipio, Rubén Quintá, mostra o seu orgullo cara esta veciña. "Paula eres moi grande e estamos moi orgullosos de ti ", resalta o mandatario.
