A rodeirense Lara Moure acada, coa selección galega de Balonmán, o terceiro posto no Campionato de España en categoría cadete feminino
- ecosdacomarca
- 8 ene 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Rodeiro

Gran resultado este domingo no Campeonato de España da Selección Galega de Balonmán na categoría cadete femenina, tal e como informa o concelleiro rodeirense Alberte Lamazares.
Publicidade
"No día de hoxe (por onte), o equipo do que forma parte a cambota Lara Moure, acaba de ganar o último partido que as fai merecentes da medalla de bronce.Un resultado que me fai sentir orgulloso do seu traballo en particular e, en xeral, de todo o Balonman Rodeiro", sinala o edil.
Publicidade
"Parabéns a ela e a toda a sua familia", engade Lamazares.
Publicidade
Dende o equipo de ECOS DA COMARCA os nosos parabéns tamén!
Comments