top of page
Foto del escritorLaura Moure

A río revolto, ganancia de pescadores!

As choivas dos últimos días fan que os ríos rexistren un maior caudal e que incluso, nalgunhas zonas se desbordasen


Laura Moure/Santiso/Agolada

O outono despediuse esta semana e fíxoo con moita choiva, especialmente o luns, día no que se restrixaron diversas incidencias a causa das condicións metereolóxicas adversas. Hoxe, mércores, démoslle a benvida ao inverno e a estampa coa que se atopou (que non deixa de ser o máis propio desta estación!) é cos ríos cun caudal elevado e que incluso, en zonas chegaron a desbordarse.

Autor: Ecos da Comarca.


Así que despois dun verán de tanta sequía, as choivas das últimas xornadas propiciaron as crecidas dos ríos. No anterior vídeo podemos ver e escoitar ao río Ulla hoxe ao seu paso pola Área Recreativa O Liño ou máis coñecida como da Cornella, que está situada entre os concellos de Santiso e Agolada.

Pero xa saben! A río revolto, ganancia de pescadores!

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page