top of page
Foto del escritorLaura Moure

A primera edición da feria Gastrotur do Ulla celebrarase en maio de 2024 na Estrada

Pretende ser un escaparate do que ofrecen os 19 concellos bañados polo río Ulla: Antas de Ulla, Boqueixón, Agolada, Silleda, Monterroso, Vedra, Arzúa, Pontecesures, Santiso, Teo, Catoira, Palas de Rei, Padrón, A Estrada, Valga, Vila de Cruces, Touro, Dodro e Rianxo


Laura Moure/Xeral

A Xunta apoiará a celebración da primeira edición da feira Gastrotur do Ulla, en maio de 2024, no concello pontevedrés da Estrada. Así o destacou esta mañá o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, no acto de presentación deste certame. Neste senso, cabe salientar que este certame gastronómico, turístico e deportivo pretende ser un escaparate de toda a oferta innovadora que ofrecen os 19 concellos zona bañados polo río Ulla: Antas de Ulla, Boqueixón, Agolada, Silleda, Monterroso, Vedra, Arzúa, Pontecesures, Santiso, Teo, Catoira, Palas de Rei, Padrón, A Estrada, Valga, Vila de Cruces, Touro, Dodro e Rianxo.

Así, o director xeral destacou a importancia de colaborar con este tipo de feiras, que permiten promocionar as singularidades locais e apostar pola produción da zona, contribuíndo a ampliar o mercado a novos compradores. Centrado máis na oferta gastronómica, Cabarcos destacou o prestixio que están alcanzando os 37 selos de calidade, os cales constitúen un dos principais atractivos da ampla oferta turística de Galicia. Así, os visitantes acoden a nosa Comunidade atraídos, entre outras cousas, polos seus manxares, sendo esta unha das grandes motivacións para a súa viaxe, matizou o director.


Publicidade

Precisamente, salientou Cabarcos, estas producións de calidade son recursos alimentarios que constitúen unha das mellores ferramentas das que dispón o medio rural desta comunidade para asegurar o seu futuro, emprender novas vías de desenvolvemento e, incluso, reinventarse.

Publicidade

Lei da Calidade Alimentaria

De feito, o director da Axencia puxo en valor a Lei da Calidade Alimentaria, unha norma que se está tramitando no Parlamento, e que ten como principal obxectivo que os produtos alimentarios galegos alcancen unha nova dimensión no mercado, máis competitiva e atractiva para a cidadanía e, en consecuencia, favorecer tamén o desenvolvemento local, a creación de emprego e a diversidade produtiva. En paralelo, búscase achegar ás persoas consumidoras todas as garantías de que o produto que se ofrece pasou rigorosos controis de calidade e estivo sometido a un especial coidado no proceso de produción e comercialización.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page