top of page

A presidenta de Deputación anuncia que o Parque Central de Galicia en Antas se inaugurará este verán

Carmela López supervisou coa alcaldesa distintos investimento do ente provincial neste municipio

Laura Moure/Antas de Ulla

A presidenta da Deputación, Carmela López, e a alcaldesa de Antas de Ulla e deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, supervisaron este mércores diferentes investimentos da institución provincial no municipio. Unha visita na que estiveron acompañadas polos concelleiros José Manuel Quintá, Ana María Guerreiro, José Ouro e José Manuel Almuiña; e que se enmarca no percorrido que a mandataria provincial está a facer polo territorio para coñecer a realidade local e os avances dos proxectos impulsados en colaboración cos concellos.

“Sabedes que cooperar cos municipios é unha das nosas prioridades porque son as administracións que mellor coñecen as necesidades de cada territorio e as que están máis preto dos veciños e veciñas”, contextualizou a presidenta. Sinalou que, en concreto, “a colaboración con Antas permite avanzar en actuacións estratéxicas para a veciñanza, como a mellora da mobilidade, a rehabilitación de edificios públicos e outras iniciativas que nos axudan a fixar poboación no rural”.


Avanzou que as obras do Parque Central de Galicia, que visitaron pola tarde, están xa rematadas e se inaugurarán este verán como “un polo de atracción turística para a contorna”. Coincidiu con García Porto en que esta dotación constitúe “un recurso singular polo seu valor simbólico e xeográfico, que reforza a posición do municipio na oferta de turismo de interior e contribúe a diversificar os atractivos do territorio”. En termos de desenvolvemento local, o parque situado na parroquia de Nugallás contribuirá a dinamizar a economía local, favorecendo os servizos de proximidade.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Melloras sobre a mobilidade

Comezaron o percorrido no sur do concello, preto do límite con Monterroso. Na parroquia de Olveda, onde lle avanzaron aos veciños e veciñas que a través do Parque Móbil, a Deputación arranxará nos vindeiros días a vía que une os dous municipios por Sindín. Aproveitaron tamén para ver o resultado das obras feitas polo equipo provincial, entre outras, as dos núcleos de Vilance e Timós.

 

Ademais, ambas mandatarias inspeccionaron os labores de roza e desbroce que está a acometer a Deputación nas estradas provinciais ao seu paso polo municipio.

Posteriormente, desprazáronse ao casco urbano, onde visitaron outra actuación estratéxica para rede viaria local que fixo o Concello con cargo ao Plan Deputación 2024. Percorreron a rúa Miguel Ángel Blanco, unha vía central na que se concentran diferentes servizos públicos da localidade, e a rúa O Carrizal, cun carácter máis residencial.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

En ambas actuouse sobre a pavimentación, mellorando o firme con preto de 30.000€. Finalmente, visitarib a Casa Consistorial, onde está prevista a execución de obras de reparación da cuberta con cargo a outra achega provincial de máis de 34.000€.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page