Foi financiado ao 75% polo Fondo de Compensación Ambiental
Ecos da Comarca/Melide
A Policía Local de Melide conta cun novo vehículo para un mellor servizo á cidadanía, tal e como informa o Concello.
O vehículo, adquirido a través de renting, foi financiado ao 75% polo Fondo de Compensación Ambiental.

Reparto almanaques
Por outra banda, o Concello xa ten listo o reparto de almanaques que se poderán recoller a partir do luns nos seguintes puntos: Casa do Concello, Centro Social e no Edificio Multiusos.
As parroquias recibirano nos vindeiros días no buzón da súa casa.
Comentarios