top of page

A Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino Non recomenda dous contos para as crianzas

Ademais, indica que se poden descargar de xeito gratuíto en varios idiomas


Ecos da Comarca/Comarca de Arzúa

A Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino Non agasalla cultura! "Este Nadal propoñémosvos agasallar as crianzas con algún contiño, propoñémosvos dúas recomendacións de contos", sinala o colectivo.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Ademais, indica que se poden descargar de xeito gratuíto en varios idiomas no seguinte enlace: https://minob.org/espanol/materiales-educativos.html


MINOB ofrece gratuitamente materiais educativos para concienciar á sociedade sobre os conflitos e impactos ambientais e socioeconómicos asociados ao extractivismo mineiro. A necesidade de sensibilizar e difundir información sobre a minería desde puntos de vista alternativos e baseados en evidencias históricas e científicas é necesaria nestes momentos, dada a intensa actividade dirixida a crear un estado de opinión favorable, borrando ou minimizando as negatividades asociadas ao extractivismo.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Os materiais que aquí se ofrecen son o resultado da colaboración desinteresada de educadoras ambientais, ilustradoras, docentes de ensino primario, secundaria e universitaria, activistas ambientais e historiadoras. Desde a perspectiva da educación para a sustentabilidade, o seu obxectivo é fomentar unha actitude crítica e reactiva fronte á visión da minería proxectada por gran parte da industria e certas institucións, co fin de empoderar á sociedade para defender a súa terra, a súa saúde e o seu futuro.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

"Tamén os tempos dispoñibles en edición papel por se queredes algún para as vosas bibliotecas avisádenos que volos facemos chegar de moi boa gana", apunta a plataforma.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page