A dificultade para contratar socorristas atrasou a súa apertura
Laura Moure/Palas de Rei
O vindeiro mércores, día 7 de xullo, abren ao público as instalacións da piscina municipal de Palas de Rei. O uso de ditas instalacións, está suxeito a un protocolo específico de medidas fronte a Covid 19. As dificultades coa contratación de socorristas para a mesma, fixo que o proceso de apertura se tivese que retasar uns días, con respecto a anos anteriores, tal e como indica o Concello.
Todos aqueles que desexen utilizar as súas instalacións, deberán facer un carné familiar (custo: 6,29 euros para os veciños do municipio e15,71, para os non residentes), nas oficinas municipais. En caso de non telo, terán que pagar unha taxa (0,52 euros os veciños do municipio e 1,05 euros os non residentes) cada día que vaian á piscina.
Para asistir á piscina, deberán cumprir a nova normativa relacionada coas medidas de contención da Covid-19, que lles fará saber o socorrista ou nas dependencias municipais tamén o poden consultar.
Inauguración exposición este sábado
Este sábado, 3 de xullo, o Castelo de Pambre acolle a inauguración da exposición Vieiros de cor de Menchu Lamas, así como, o recital poético do Grupo Rompente: Que Hostia din os Rumorosos?, a partir das 12:00 horas, ao que se prevé a asistencia de poetas como: Antón Reixa, Manuel M. Romón e Alberto Avendaño, entre outros, así como, artistas como Antón Patiño, músicos como Julián Hernández e editores como Xabier Romero. Colaboran o Concello de Palas de Rei e o Instituto de Estudos Ulloáns.
Pola tarde, o Castelo de Pambre, acolle ás 19:00 horas tres pezas de danza contemporánea das compañías Entremáns, Colectivo Glovo e Xián Martínez, será dentro o Programa da Xunta de Galicia Propulsa que une danza, paisaxe e patrimonio.
Comments