A cita con distintas actuacións musicais será o 8 e 9 de abril
Laura Moure/Palas de Rei
A parroquia de Moredo en Palas de Rei recupera a Festa da Pascua, despois de 21 anos sen celebración. A iniciativa veciñal das novas xeracións de Moredo, por volver honrar esta celebración que marca o final da Semana Santa e que en antano destacaba dentro do calendario festivo no municipio palense, fai que Moredo volva celebrar esta festividade.

A pesares de que en abril de 2020, os veciños de Moredo xa fixeran un intento por recuperar esta celebración que se tivo que suspenderse a consecuencia da pandemia do coronavirus, finalmente, serán os próximos días 8 e 9 de abril, cando os veciños desta parroquia, de ao redor de 50 habitantes, poidan desfrutar da súa festa patronal despois de 21 anos sen actividades musicais e festivas conxuntas.
Estrea de campo
Por primeira vez, fano estreando campo da festa propio, para isto, o Concello de Palas de Rei vén de materializar a compra dun campo, para que o veciños desta parroquia poidan reunirse e desfrutar das celebracións conxuntas, así como, para todos os que se queiran sumar as celebracións en Moredo.
Este ano, a Festa da Pascua de Moredo, comenza o sábado día 8 de abril, ás 13:30 horas con sesión vermú co dúo Eclipse, ás 18:30 horas haberá xogos populares no campo da festa e ás 23:00 horas comezarán as actuacións dos dúos Eclipse e Carpe Diem. O domingo, 9 de abril habrá misa solemne ás 12:45 horas e sesión vermú correrá a cargo do Dúo Cheriza2. Ademais, estes dous días o campo da festa que estará cuberto cunha carpa, acollerá unha exposición fotográfica que leva por título Memoria histórica de Moredo onde se recorda a vida de antaño dos seus veciños.
Os membros da Comisión de Festas de Moredo manifestan “que a xente está moi ilusionada con recuperar esta celebración e animan a quen o desexe a que se sume a Festa da Pascua de Moredo”
Commenti