A parroquia cruceña de Carbia acolle o día 2 unha reunión sobre os eólicos
Ecos da Comarca/Vila de Cruces

A parroquia cruceña de Carbia continúa en loita para paralizar os eólicos que pretenden instalarse no lugar. Con este obxectivo, este mes de xullo terá lugar unha nova reunión dos veciños para abordar esta problemática.
O encontro será no local social da parroquia, situado xunto a igrexa, este domingo, día 2. Darase información sobre os parques eólicos e tamén se abordará a campaña Ti podes paralos!
Publicidade
A reunión será ás 12:00 horas.
Publicidade