Laura Moure/Lalín

A Asociación Cultural Xuventude Bolarqueira que entre as distintas actividades que promove organiza o festival Noceda Rock, que ten lugar nesta parroquia lalinense, denuncia actos vandálicos na carballeira de Lamas, lugar onde se celebra esta cita musical.
"Tivemos unha visita na carballeira e non moi agradable das que non nos gustan. Achegarse a carballeira para destrozar o pouco que temos non parece moi divertido", lamenta a organización a través do perfil de Facebook do festival. "Queremos persoas que lles importe o coidado da contorna e a súa mellora, a natureza, o medio natural, os ríos, os montes, o noso patrimonio, a nosa cultura, a nosa terra... Nós quedámonos con esas persoas", subliña.
Comments