A Oficina Municipal de Vivenda de Silleda duplica o horario de atención ao público ante o éxito
A día de hoxe estanse a dar citas xa para mediados do mes de maio
Laura Moure/Silleda
O novo servicio de asesoramento e información á veciñanza sobre todas as axudas dispoñibles en materia de vivenda, implantado no Concello de Silleda a mediados do pasado mes de decembro , está a ter unha grande éxito entre a cidadanía. Tanto é así que, á vista da elevada demanda, o goberno local dediciu duplicar as horas de atención ao público para dar resposta ao grande volumen de solicitudes.

Así pois, a partir do vindeiro mes de febreiro, atenderase en xornada completa para garantir un maior número de atencións diarias, xa que neste momento se estaban a dar citas xa para o 15 de maio. En todo caso, dende o departamento de Urbanismo, que dirixe Paula Fernández, reorganizaranse as citas solicitadas ata o momento, poñéndose en contacto cas persoas solicitantes para adintar as súas citas, polo que non será necesario voltar a solicitalas.
“Estamos moi satisfeitos co resultado desta oficina que permitirá aproveitar a histórica cantidade de fondos europeos que o Goberno de España vai destinar á rehabilitación de vivendas”, indica a concelleira. Cabe recordar que toda a veciñanza silledense poderá optar a estas axudas, con independencia da parroquia na que está situada a súa vivenda
ou o edificio plurifamiliar a rehabilitar, sempre que estas teñan un uso residencial. Non poden acceder as mesmas as edificacións que teñan uso turístico.
A nova oficina de información as axudas en materia de vivenda está situada nas dependencias de Urbanismo, na Rúa Alfonso Trabazo, número 3. Para facer uso deste servizo é necesario solicitar cita previa no teléfono 986 180 233.