A partir deste luns o Espazo Cultural Lorenzo Varela, a biblioteca e ximnasio terán de novo o horario de inverno e arranca o prazo para anotarse en distintas actividades
Laura Moure/Monterroso
O Concello de Monterroso informa que co fin de facilita a conciliación familiar a ocioteca municipal reabrirá o día 20 de setembro. Farao en horario de15:30 a 20:00 horas e o aforo máximo será de 15 nenos ampliable se hai demanda.
Os prezos serán:
XORNADA COMPLETA MES: 52,25 euros.
MEDIA XORNADA/MES: 26,12 euros.
DÚAS TARDES SEMANAIS/MES: 26,12 euros.
DESCONTO DO 50% SEGUNDO FILLO/A.
Para formalizar a matrícula ou para obter máis información os interesados poderán solicitala a partir do 14 de setembro no Espazo Cultural Lorenzo Varela de 9:30 a 13:00 horas.
Por outra banda, a partir deste luns, 13 de setembro, abriranse en horario de inverno as instalacións do Espazo Cultural Lorenzo Varela, a biblioteca e o ximnasio. Será de luns a venres de 15:00 a 20:30 horas.
Tamén se abrirá o prazo de matriculación para as actividades deportivas infantís, de adultos e para a terceira idade. En concreto, para os maiores impartiranse ximnasia, talleres de memoria e manualidades. Mentres nas escolas deportivas ofértase patinaxe, zumba, bejump, padel, karate e pilates.
Comments