top of page
Foto del escritorecosdacomarca

A Nova Alternativa de Vila de Cruces dá a coñecer o seu plan para dispor de solo industrial

O obxectivo é implantar novas empresas ou ampliar as existentes


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

A Nova Alternativa de Vila de Cruces anuncia a súa proposta para dispor de solo industrial neste municipio co obxectivo de implantar novas empresas ou ampliar as existentes.

"Actualmente no concello de Vila de Cruces existe, unha única zona, no paraxe denominado “Camballón”, no entorno do casco urbano, na que existen parcelas delimitadas e calificadas como industriais, e que contan coa dotación de servizos necesaria, para poder ser utilizadas de forma inmediata para tal fin. Suman as referidas parcelas un total de 15.112 m 2 que se reparten nunhas 17 parcelas cuxas superficies oscilan entre os 700 e 900 m 2 . Trátase neste caso de parcelas de titularidade privada aptas para poder ser utilizadas para fines industriais de forma inmediata", explica este partido.

Por outra parte, sinala, o Concello de Vila de Cruces "é propietario de preto de 50.000 m 2 de terreo de titularidade pública, situado na paraxe denominada “Aguillós”, na parroquia de Cumeiro, que actualmente están calificados como terreo rústico, estando actualmente en tramitación o cambio de dita calificación pola de industrial".


No primeiro dos casos o solo, de titularidade privada, recalca, "pode ser utilizado xa con fines indutriais de forma inmediata; e no segundo, é necesario concluír primeiro a tramitación para a súa calificación, e facer a reparcelación e urbanización correspondente para poder contar con parcelas, de titularidade pública, que poidan ser utilizadas con fines

industriais".

Dende NOVA ALTERNATIVA "sabemos que favorecer a implantación de novas empresas en Vila de Cruces, ademais do mantemento e crecemento das existentes, debe ser obxectivo primordial para calquera forza política que queira optar ao seu goberno, e para cumprilo e

imprescindible comezar contando coa posta a disposición das empresas de

solo apto para o fin industrial". Ante isto propón o seguinte:

  • Creación dunha bolsa de solo industrial, pola que se poña en valor e se de coñecemento, da oferta de solo industrial actualmente existente, que é o do Camballón, incluíndo na mesma aquelas parcelas vacantes de edificación, de entre as 17 existentes, cuxos propietarios queiran e estean en disposición de transmitilas para tal fin. Correspondería neste caso ao concello participar na captación de empresas interesadas na oferta, e na divulgación da mesma, así como das súas caracteríaticas e posibilidades.

  • Concluír definitivamente a tramitación para a calificación industrial do solo de titularidade municipal situado na zona dos “Aguillós”, proceder posteriormente a súa urbanización e reparcelación, para poder contar tamén con solo de titularidade municipal que poder ofertar para a implantación de empresas.




0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page